Gustaríame facer unha sesión de estudio…
Xenial, existe a posibilidade de sesións ou mini sesións en interior ou exterior. Aínda que sempre me incline por sacarlle partido á beleza do rural que nos rodea, por si o tempo non axuda, @ modelo é moi cativ@, ou simplemente porque sí, porque nos gusta, conto con decorados e atrezzo para reportaxes de diferentes idades e diversas temáticas.
Do mesmo xeito, traballo todo tipo de revelados dixitais, obxectos personalizados, marcos ou fotos con soporte ou de parede, recordatorios e invitacións, álbums dixitais e analóxicos… en multitude de modelos, materiais e tamaños.
Actualmente conto con tres equipos, moita creatividade e algo de tempo, polo que estou aberta a calquera suxerencia, so tes que propoñerma.
Canto custa unha sesión?
Depende do tempo de reportaxe, o número de arquivos dixitais e copias impresas ou complementos que prefiras. Hai diferentes packs con distintas opcións, adaptados ao peto e ao gusto de todos.
Ponte en contacto (sen ningún tipo de compromiso) conmigo mediante o seguinte enlace para contarme que buscas, onde o queres e en que datas, e dareiche presuposto encantada de inmediato. Ademais, faite seguidor das redes sociais para estar ao tanto das promocións especiais.
Dende cando fago fotos?
Pódese dicir que nacín “cunha cámara debaixo do brazo”, porque dende que teño acordo ando con unha. Gústame moito a fotografía de paisaxe, quizáis porque é a máis habitual nos viaxes que fago ou no entorno no que vivo, con paraxes espectaculares. O caso é que dende pícara, foi o meu principal medio de entretemento e entrenamento.
Ademais sempre me gustou ver fotos, creo que é unha boa maneira de aprender e adquirir cultura visual (e nese aspecto a preparación artística xoga ó meu favor). Pero sempre me fascinou velas polo poder que teñen. O poder de revolver e devolverte a ese pasado conxelado, olvidado ou descoñecido. O poder de descubir o que non tiveche oportunidade de vivir ou de rememorar e desencadear emocións intensas.
Por qué fotografía social?
Non é so fotografía social. Fotografía social é a que ensino porque é a que vendo, o servizo que a maioría de xente demanda. Pero a miña paixón pola fotografía é plena. Dedícome á BBC e a facer reportaxes de nenos, premamás, namorados, mascotas… ou mesmo de arquitectura –así que si tes unha empresa e precisas fotos para unha web ou para facer un catálogo, tamén podes contactarme-.
Teño a sorte de que o meu hobby é a miña profesión, e polo tanto… todo o tempo o dedico o mesmo, facer fotos. Dende 2013 estou inmersa nun proxecto fotográfico do que teño miles de imaxes, un banco infinito que sempre me parecerá insuficiente. Pero todas contan o mesmo: falan da Galicia que me criou. Son tempo e son retrato. E recollen as historias mais bonitas dos “feísmos” máis típicos do rural que me rodea.